O director da Rede Galega Contra a Pobreza fala dos “pobres de aquí e de alá” no encontro dixital de marzo

O director da Rede Galega Contra a Pobreza fala dos “pobres de aquí e de alá” no encontro dixital de marzo

O director da Rede Galega Contra a Pobreza fala dos “pobres de aquí e de alá” no encontro dixital de marzo 452 584 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O director da Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN-Galicia), Xosé Cuns, estará nas redes sociais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para dialogar cos internautas sobre a "pobreza de aquí e de alá", esa da que tanto se fala nos últimos anos no Norte e que afecta con tanta virulencia aos países do Sur.

A finalidade da charla online, que terá lugar este mércores 25 de marzo entre as 16.30 e as 18 horas, é afondar na pobreza (tipos, factores, cambios no mapa mundial, medidas, etc.), unha problemática que constitúe a base fundamental dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), que conclúen en decembro deste ano, así como coñecer as propostas de EAPN-Galicia para a axenda de desenvolvemento post 2015, que guiará a cooperación internacional ata 2030.

#EncontroPobreza
Na conversa online pódese participar de diversas formas. En directo, só é preciso facer as preguntas en “comentar”, debaixo da fotografía de Xosé Cuns que se subirá ao muro do perfil de Facebook  (facebook.com/fondogalego) do Fondo Galego ás 16.30 horas deste mércores. No Twitter, co hashtag #EncontroPobreza. Aquelas persoas que non poidan participar en directo, poden deixar as súas dúbidas con carácter previo neste formulario ou ben, no Facebook, no espazo reservado a comentarios nos post que anuncien o encontro, nunha mensaxe privada, co citado hashtag ou envialas a fondogalego@gmail.com.

As persoas que envíen as súas dúbidas a través do formulario poderán obter un exemplar da revista Tempo Exterior do Igadi, a que escollan do catálogo; e só por participar entrarán nun sorteo dun lote de libros que levaremos a cabo o martes 23 de decembro, cando conclúan os encontros #Alén2015.

EAPN-Galicia
A Rede Galega Contra a Pobreza (Santiago de Compostela, 2008) é unha organización non lucrativa e de acción social composta por 126 ONG autonómicas do terceiro sector que busca incidir no deseño de novas políticas e prácticas para a defensa dos? dereitos? das persoas en risco de pobreza e exclusión social. Forma parte da Rede Europea de Loita contra a Pobreza, Rede a nivel europeo que traballou de forma independente dende 1990,  e está integrada en EAPN – España.

Xosé Cuns
Licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade Santiago de Compostela (USC) e especialista en Dirección de Persoal. Foi profesor do Máster de Cooperación Internacional e Xestión de ONGD da USC e responsable de proxectos Aecid na Fundación Galicia Innova. Exerceu como asesor de cooperación internacional ao desenvolvemento na Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009.

Dende o ano 2010 é  director da Rede Galega Contra a Pobreza. Este traballo combínao co blog No me pidan calma de La Voz de Galicia, onde aborda distintos temas relacionados coa pobreza, como economía, violencia de xénero, discapacidade ou campañas de índole social.

#Alén2015
O programa #Alén2015 púxose en marcha en 2014 a través de doce encontros online de carácter mensual co obxectivo de achegar á cidadanía a valoración de diferentes axentes da cooperación sobre a consecución dos ODM, que conclúen este ano, promover o debate e a reflexión en torno a distintas temáticas relacionadas con estas metas e darlle visibilidade ás propostas das persoas convidadas para a axenda post 2015.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información