O concurso ‘Muros que unen’ volverá premiar os mellores murais sobre desenvolvemento sostible

O concurso ‘Muros que unen’ volverá premiar os mellores murais sobre desenvolvemento sostible

O concurso ‘Muros que unen’ volverá premiar os mellores murais sobre desenvolvemento sostible 2093 2093 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanza o VI Certame de murais arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ‘Muros que unen’, co financiamento do Concello da Coruña. O certame encádrase no convenio acordado entre as partes para destinar 20.000 euros á realización de actividades de sensibilización fronte as desigualdades. A produción e o consumo responsables, a acción polo clima e mais a conservación da vida submarina serán os temas centrais das obras, que calquera persoa ou colectivo pode presentar ata o 20 de xuño.

Con ‘Muros que unen’ búscase dar a coñecer, a través da arte urbana, as 17 metas globais fixadas polos Estados membros da ONU a finais de 2015 para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas no marco da Axenda 2030. Co fin de fomentar ademais o pensamento crítico e a participación cidadá na construción de cidades inclusivas, a sexta edición de ‘Muros que unen’ centrarase en tres deses 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que os municipios deben contribuír a acadar.

Trátase do ODS 12: Garantir modalidades de consumo e produción sustentables; o ODS 13: Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos; e mais o ODS 14: Conservar e utilizar sostiblemente os océanos, os mares e os recursos mariños. Anteriormente xa se representaran en espazos públicos do municipio os once primeiros ODS.

Outorgarase un premio de 2.000 euros polo ODS 12, que ocupará o muro máis grande, e de 1.500 euros para os outros dous. Todos eles se plasmarán no Barrio das Flores, concretamente nos soportais do edificio da Rúa Azahar. A organización facilitará todos os materiais necesarios e a técnica será libre. Cada artista pode presentar ata dúas propostas, seguindo o procedemento establecido nas bases. As obras deben ser inéditas, de xeito que non fosen recreadas nunha parede con anterioridade nin premiadas noutros concursos. Calquera dúbida pode consultarse no enderezo electrónico comunicacion@fondogalego.gal ou no teléfono 604 040 890.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información