Memoria 2018: A Fondo cos ODS

Memoria 2018: A Fondo cos ODS

Memoria 2018: A Fondo cos ODS 640 904 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Xa está publicada a ‘Memoria 2018: A Fondo cos ODS’, que resume a actividade realizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade durante o pasado exercicio, marcado polo traballo a prol dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Un ano no que recuperamos a emblemática cifra das 100 entidades socias, coa incorporación de seis administracións locais, e no que as actividades de concienciación fronte as desigualdades chegaron a uns 70 concellos.

En 2018 continuamos á cabeza da Confederación de Fondos e seguimos fortalecendo lazos tanto con institucións e organizacións galegas como cos parceiros en terreo, visitando Mozambique. Ao tempo, incentivamos a participación no seo da asociación, tendo moi presentes os ODS tanto nas accións formativas como nas actividades de sensibilización. Unha área na que se desenvolveron máis de 80 accións, entre espectáculos musicais, teatrais, contos, exposicións, charlas, etc. que chegaron a milleiros de persoas. Entre elas, incorporamos novidades como o certame de murais ‘Muros que unen’, precisamente arredor dos ODS, mentres que a outras se lle deu continuidade. Así aconteceu tamén coas dúas vertentes do programa de cooperación técnica Vacacións con Traballo, no Norte e no Sur.

En canto aos proxectos de cooperación internacional, destacan senllas iniciativas en Mozambique, para promover a saúde a través do deporte entre a xente nova do rural e para garantir un acceso seguro á auga potable mediante a construción de pequenos sistemas de abastecemento. Ademais, avanzaron os tres proxectos financiados a ONGD galegas en Guinea-Bissau, Guatemala e Honduras. A isto hai que sumarlle a axuda de emerxencia destinada á familias afectadas polo terremoto en Guatemala e a un centro de acollida de menores en Mozambique.

A memoria de 2018 péchase cunha sección dedicada á comunicación, na que se detallan as estratexias online e offline executadas -como a publicación de artigos de opinión sobre os ODS-, outra co balance económico do exercicio, no que se reflicte a estabilidade financeira do Fondo Galego e, por último, a axenda coa listaxe de actividades realizadas ao longo deste intenso ano.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información