Coa meta de fortalecer a xestión municipal do desenvolvemento rural e a participación cidadá dos 12 distritos da provincia de Huaral, realizáronse actividades de capacitación ás autoridades locais, líderes e cidadanía, co obxectivo de que participaran na formulación e xestión dos plans de desenvolvemento local.
continuarO obxectivo do proxecto foi o de mellorar as condicións de saúde das familias campesiñas da comunidade de José Olaya a través da construción de latrinas, así como conseguir unha diminución da contaminación ambiental da comunidade, reducindo o número de enfermidades infecto contaxiosas.
continuarO proxecto tivo como obxectivo contribuír á mellora da situación socioeconómica da poboación campesiña dese distrito, mediante o apoio á produción agropecuaria, o impulso e fortalecemento da organización das mulleres e a xestión comunitaria, no marco da coordinación e participación das institucións públicas e contribuíndo á definición de estratexias de desenvolvemento distrital. Os principais compoñentes do proxecto foron: asistencia técnica…
continuarUnhas 15.000 persoas do distrito de Vilcabamba participaron nas actividades do proxecto, que consistiron, dunha banda, en prestar atención primaria de saúde, dotación de material sanitario e medicinas, formación do persoal sanitario e exame de saúde ás nenas e nenos. Na área veterinaria, contribuíuse á erradicación da epidemia de fasciola hepática na cabana gandeira, saneamento e mellora da crianza de…
continuarA través deste proxecto, mellorouse a saúde das persoas que viven nas contornas dos hospitais Santa Ana de Quillabamba e Santa Rosa de Puerto Maldonado. Ambos os dous hospitais son referencia para unhas 80.000 persoas cada un. Dous equipos de Solidariedade Galega, un cirúrxico e radiolóxico e outro pediátrico e oftalmolóxico, viaxaron a estes hospitais nos meses de outubro e…
continuarImpulsouse a instalación dun módulo de ovinos da raza “corriedale” a fin de mellorar xeneticamente a raza da zona, incrementando así a produción e produtividade de carne e de lá. Construíuse o correspondente curral, mellorouse o pasto e adquiriuse o equipamento do botiquín veterinario. Así mesmo, contemplouse a adquisición de dous teares industriais para aproveitar a produción de lá e…
continuarFortalecer á comunidade de Ambulco Grande foi o obxectivo deste proxecto, a través do que se adquiriron 20 femias e 2 machos da raza ovina “corriedale”, co propósito de crear microproxectos con fondos rotatorios para mellorar a calidade de vida da poboación partindo da produción agropecuaria. Así mesmo, construíuse un curral con tres compartimentos, melloráronse os pastos e equipouse o…
continuarInstaláronse emisoras de radiocomunicación entre poboacións indíxenas para actuacións coordinadas en materia de sanidade e, sobre todo, de seguridade, por ser unha zona onde actúan os grupos de narcoterroristas.
continuarComo consecuencia da precaria situación das familias que viven nunha soa habitación, carecendo de servicios hixiénicos mínimos, procedeuse á construción de tres módulos básicos consistentes cada un deles en: ducha, retrete e lavabo.
continuarO proxecto ía encamiñado a mellorar a calidade de vida da poboación campesiña e a contribuír á planificación do país, mellorando os servicios e infraestruturas e abastecendo de auga potable á veciñanza. Tratábase así de evitar a transmisión de enfermidades como a diarrea, cólera, febre tifoide, sarna, etc.
continuar- 1
- 2