A promoción da participación e implicación das mulleres quechuas e aimaras organizadas da Rexión de Puno foi a estratexia que seguiu este proxecto para conseguir a mellora da efectividade da ruta de atención da violencia familiar e sexual nos distritos de Acora, Lampa e Puno. Esta proposta incidiu na consolidación da implicación das mulleres quechuas e aimaras organizadas para conseguir…
continuarO proxecto procurou promover o desenvolvemento humano sustentable das familias que vivían en comunidades rurais en situación de extrema pobreza da provincia de Ayabaca, baseándose na alfabetización, a promoción da participación social e a equidade de xénero. Á súa vez, instaláronse 180 cociñas eficientes e mellorouse a dieta alimentaria coa creación de 9 hortas e 9 módulos de cuies, a…
continuarO proxecto promoveu o desenvolvemento de capacidades de xestión e planificación en 7 municipalidades distritais e 23 comunidades campesiñas da Provincia de Huaral, Rexión de Lima-Provincias. Participou persoal municipal e líderes/esas comunitarios/as, a fin de fortalecer unha xestión local que tomara como eixos prioritarios o desenvolvemento sustentable e a erradicación da pobreza. Incluíu actividades formativas, con edición de materiais educativos,…
continuarO proxecto beneficiou a 60 nenas e nenos de 4 anos da Institución Educativa Rosa de América Nº 6080, de Villa El Salvador, abríndolles a oportunidade de acceder ao nivel inicial de educación e facilitando, así, a permanencia e un progreso adecuado no sistema educativo. Tamén incluíu a 15 docentes do nivel inicial. A iniciativa formaba parte da proposta de…
continuarMercáronse 60 bicicletas coa finalidade de apoiar as actividades de asistencia técnica das promotoras e promotores comunitarios nas áreas de educación sanitaria, nutricional e nos sectores pecuarios e agrícolas. O obxectivo xeral da actuación era promover o desenvolvemento das condicións de vida das familias labregas.
continuarO presente proxecto perseguiu mellorar a calidade de vida de 50 nenas do Fogar de Santa María de Huancarama. Para tal fin construíuse unha granxa de cría de animais menores: polos e cuies.
continuarEsta iniciativa tivo por obxectivo, alén de fortalecer novos mecanismos de emprego e xestión turística, fortalecer a identidade cultural da poboación local, así como impulsar as organizacións locais, as agrupacións xuvenís e artesás. O proxecto consistiu na realización de actividades de promoción do programa e recadación de fondos, capacitación a guías, obradoiros de capacitación aos membros da rede, escola de…
continuarMellorar a atención da hixiene e saúde de setenta alumnas e alumnos con necesidades especiais deste centro educativo de Perú foi o cometido do proxecto, para o que se brindaron servizos hixiénicos seguros e de calidade.
continuarCo finalidade de promover a mellora das condicións de vida das familias labregas das provincias de San Marcos e Cajabamba, apoiouse ás persoas promotoras comunitarias a través da compra de bicicletas para levar a cabo as súas funcións, incidindo na mellora do impacto e eficiencia das súas tarefas e deixando tempo para outros asuntos de interese.
continuar- 1
- 2