No marco do programa “Novos modelos de xestión municipal democráticos”, no que participaron outros Fondos de Cooperación a nivel estatal integrados na Confederación de Fondos, a achega do Fondo Galego destinouse á construción desta infraestrutura elemental, que permitiu acadar unha mellora substancial na organización e desenvolvemento das vidas e economías de varias comunidades, fisicamente distanciadas, así como solucionar problemas relativos…
continuarO proxecto integrábase no programa de desenvolvemento do municipio de El Paraíso, definido polas autoridades locais en colaboración coa sociedade civil. A intervención consistiu na perforación dun pozo de 40 metros de profundidade, así como o bombeo a través de tubaxes para a condución de auga potable a 75 vivendas, contribuíndo á mellora das condicións de saúde, económicas e de…
continuarA través do proxecto, 200 cultivadoras e cultivadores de fabas de baixos ingresos dos departamentos central e sur do país obtiveron dispoñibilidade de crédito e formación que lles permitiu aumentar a produción e mellorar as condicións de vida.
continuarA intervención tiña como obxectivo o desenvolvemento da zona e a conservación de áreas naturais combinando actividades compatibles coa conservación da natureza e o ecoturismo, ao tempo que se puxeron en práctica técnicas gandeiras de baixo impacto. O fin último foi o de dispoñer dun edificio que aloxara perto de 720 visitantes ao ano. Os recursos obtidos servirían para o…
continuarA actuación consistiu en construír un muíño para facilitar o traballo das mulleres que teñen que desprazarse para realizar estas tarefas, mellorando así a súa saúde. Tamén se capacitou ás beneficiarias no manexo e comercialización do produto.
continuarInstaláronse emisoras de radiocomunicación entre poboacións indíxenas para actuacións coordinadas en materia de sanidade e, sobre todo, de seguridade, por ser unha zona onde actúan os grupos de narcoterroristas.
continuarComo consecuencia da precaria situación das familias que viven nunha soa habitación, carecendo de servicios hixiénicos mínimos, procedeuse á construción de tres módulos básicos consistentes cada un deles en: ducha, retrete e lavabo.
continuarO proxecto ía encamiñado a mellorar a calidade de vida da poboación campesiña e a contribuír á planificación do país, mellorando os servicios e infraestruturas e abastecendo de auga potable á veciñanza. Tratábase así de evitar a transmisión de enfermidades como a diarrea, cólera, febre tifoide, sarna, etc.
continuarO proxecto sitúase en San José de Pinula, onde se construíron dúas casas con cuartos, unha para nenos e outra para nenas, e mais un comedor de ata 100 prazas. O Fondo Galego financiou a construción dunha destas casas. Os menores pertencían a familias desestruturadas, vítimas de malos tratos, abusos sexuais, drogadicción, abandono ou orfandade. Este centro posibilitou o seu…
continuar