Coa meta de fortalecer a xestión municipal do desenvolvemento rural e a participación cidadá dos 12 distritos da provincia de Huaral, realizáronse actividades de capacitación ás autoridades locais, líderes e cidadanía, co obxectivo de que participaran na formulación e xestión dos plans de desenvolvemento local.
continuarO obxectivo do proxecto foi o de mellorar as condicións de saúde das familias campesiñas da comunidade de José Olaya a través da construción de latrinas, así como conseguir unha diminución da contaminación ambiental da comunidade, reducindo o número de enfermidades infecto contaxiosas.
continuarIncrementar a educación e a capacitación da poboación feminina era o obxectivo deste proxecto, a través do que se ampliou o centro formativo existente para facilitar o acceso á educación das mozas da provincia de Yamparáez (Bolivia) e reducir así as taxas de analfabetismo feminino. Ao tempo, construíuse unha residencia para acoller a 66 rapazas con maiores dificultades para acceder…
continuarAs limitacións do parque móbil das organizacións campesiñas do MST de Brasil orixinaron que non puidesen atender de forma axeitada os proxectos de agricultura desenvolvidos nas comunidades, as escolas e as actividades do sector da saúde. Por tanto, o proxecto buscou incrementar a capacidade institucional, organizativa e loxística do Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra do Estado do Piauí. Mercáronse…
continuarMellorar as condicións de vida das e dos habitantes de Cochabamba, e concretamente de 31 comunidades rurais, foi o obxectivo deste proxecto, a través do que se adquiriron 82 bicicletas para promotoras e promotores comunitarios que non dispoñían dun medio de transporte público regular que lles facilitara o labor de voluntariado nas comunidades nos eidos da saúde e a educación.
continuarO proxecto fixo fincapé na formación de mozas e mozos en xastraría e serigrafía para aumentar as oportunidades de inserción no mercado laboral, ofrecéndose unha alternativa á delincuencia que asolaba ao país. Neste senso, realizáronse cursos de formación e rehabilitáronse dúas infraestruturas comunais para poder impartir as aulas.
continuarPrograma de tres anos a través do que se buscou o Incremento da produción de carne e leite, mellorando o gando vacún e introducindo o bufalino, así coma a habilitación de pastos, sistemas de rego e alimentación do gando, creando novas condicións de traballo para as e os cooperativistas que facilitan a estabilidade e o reasentamento poboacional.
continuarVinte mulleres das comunidades Castillo e Castillito, no municipio de Las Sabanas, foron as beneficiarias deste proxecto, a través do que se prepararon 20 parcelas diversificadas co cultivo de fresa, mora e framboesa, para a súa comercialización, sendo elas as donas das terras. A alianza coa Universidade de Nicaragua permitiu realizar investigación nos cultivos e acadar un maior poder de…
continuarUn total de 14 familias participaron neste proxecto executado xunto coa Alcaldía de Las Sabanas, a través do que se instalaron e conectaron liñas de condución da rede principal do sistema de acueduto da área urbana de Las Sabanas, que drena por gravidade. Instaláronse as tubaxes e as conexión domiciliares, xunto con 11 cuartos de baño, para mellorar a vida…
continuarA través desta iniciativa contribuíuse ao proceso de desmobilización dos cortadores de mangle cara actividades produtivas rendibles e respectuosas co medio ambiente, co obxectivo de reducir a vulnerabilidade social e ambiental do Estero Real, a través do uso e manexo racional dos recursos naturais.
continuar
