Mellorar a calidade de vida dos residentes do centro histórico de Santiago de Cuba foi o propósito deste programa, a través do que se favoreceron as condicións de habitabilidade en 78 vivendas. O Plan de Revitalización do Centro Histórico de Santiago de Cuba, apoiado polo Fondo Galego, tivo como un dos seus obxectivos elevar a calidade de vida da súa…
continuarMellorouse a calidade de vida de 8 comunidades rurais construíndo latrinas, fogóns, elementos para captación de auga e impartindo seminarios sobre prácticas hixiénico-sanitarias, tratamento de residuos, etc.
continuarA través da realización de seminarios dirixidos a 150 mulleres, labregas perseguiuse o obxectivo de promover e mellorar as condicións de vida das traballadoras rurais a través da súa capacitación e empoderamento.
continuarMercáronse 60 bicicletas coa finalidade de apoiar as actividades de asistencia técnica das promotoras e promotores comunitarios nas áreas de educación sanitaria, nutricional e nos sectores pecuarios e agrícolas. O obxectivo xeral da actuación era promover o desenvolvemento das condicións de vida das familias labregas.
continuarEsta intervención educativa tivo lugar en Cañete, na zona sur da rexión de Lima, e encadrouse na fase de reconstrución tras o terremoto do 15 de agosto de 2007.
continuarA través deste proxecto construíuse un local como comedor, cociña e adega para ser usado na atención das e dos asistentes aos cursos de formación que teñen lugar no Centro de Capacitación POPOL-VUH.
continuarO presente proxecto perseguiu mellorar a calidade de vida de 50 nenas do Fogar de Santa María de Huancarama. Para tal fin construíuse unha granxa de cría de animais menores: polos e cuies.
continuarCo fin de impulsar un desenvolvemento integral, autoxestionado e sostibe, a través do proxecto formouse a mozos e mozas en xestión técnica agropecuaria.
continuarEsta iniciativa tivo por obxectivo, alén de fortalecer novos mecanismos de emprego e xestión turística, fortalecer a identidade cultural da poboación local, así como impulsar as organizacións locais, as agrupacións xuvenís e artesás. O proxecto consistiu na realización de actividades de promoción do programa e recadación de fondos, capacitación a guías, obradoiros de capacitación aos membros da rede, escola de…
continuarA través do proxecto mellorouse a calidade de vida da poboación de Sucre, en Bolivia, mediante a creación da escola de auxiliares de enfermería, con capacidade para 80 alumnas e alumnos que carecían de posibilidades para continuar os seus estudos. Deste xeito, e nun período de dous anos, esta mocidade podería integrarse no mercado laboral cunha formación no sector.
continuar