O proxecto procurou promover o desenvolvemento humano sustentable das familias que vivían en comunidades rurais en situación de extrema pobreza da provincia de Ayabaca, baseándose na alfabetización, a promoción da participación social e a equidade de xénero. Á súa vez, instaláronse 180 cociñas eficientes e mellorouse a dieta alimentaria coa creación de 9 hortas e 9 módulos de cuies, a…
continuarO obxectivo deste proxecto foi o de mellorar as condicións sanitarias da comunidade de Tepalón coa construción de 30 latrinas. Este proxecto educativo-sanitario formou parte dun máis amplo que incluíu na primeira fase a condución da auga potable ás vivendas, comedores escolares e aulas de preescolar.
continuarO presente proxecto quixo impulsar o fortalecemento municipal e a gobernabilidade democrática a través do incremento da participación cidadá. A proposta promoveu accións de fortalecemento de capacidades no goberno municipal de Totogalpa e nas estruturas comunitarias locais para buscar, dunha forma consensuada, solucións á problemática real das comunidades con alta vulnerabilidade de pobreza.
continuarEste proxecto formativo tivo como obxectivo principal mellorar a saúde da poboación máis vulnerable (mulleres, infancia e adolescentes), a través da realización de cursos teórico-prácticos para persoal sanitario (médicas/os, enfermeiras/os, matronas, voluntariado no eido da saúde) e profesionais non sanitarios (mergulladoras/es, policía, bombeiras/os, exército), para mellorar a calidade de atención sanitaria. Incluíu tamén a realización de charlas de educación sexual…
continuarO proxecto promoveu o desenvolvemento de capacidades de xestión e planificación en 7 municipalidades distritais e 23 comunidades campesiñas da Provincia de Huaral, Rexión de Lima-Provincias. Participou persoal municipal e líderes/esas comunitarios/as, a fin de fortalecer unha xestión local que tomara como eixos prioritarios o desenvolvemento sustentable e a erradicación da pobreza. Incluíu actividades formativas, con edición de materiais educativos,…
continuarO proxecto beneficiou a 60 nenas e nenos de 4 anos da Institución Educativa Rosa de América Nº 6080, de Villa El Salvador, abríndolles a oportunidade de acceder ao nivel inicial de educación e facilitando, así, a permanencia e un progreso adecuado no sistema educativo. Tamén incluíu a 15 docentes do nivel inicial. A iniciativa formaba parte da proposta de…
continuarA autoconstrución de vivendas para a mellora da calidade de vida da poboación dos barrios marxinais de La Vereda e Pasos de las Duranas foi a metodoloxía escollida pola municipalidade de Montevideo para poñer solución a este grave problema social. A poboación afectada viuse implicada na autoconstrución de 64 vivendas que permitiron unha vida máis digna á veciñanza destes barrios.
continuarApoiouse á recuperación de casas familiares devastadas polos furacáns Gustav e Ike na provincia de Pinar del Río, Cuba.
continuarPara reducir a incidencia do mal de chagas, xerado polo insecto co mesmo nome que se atopa en lugares insalubres, así coma outro tipo de vulneracións de dereitos que se producen na precariedade das vivendas da poboación indíxena chorotega, o INPRHU puxo en marcha un dos seus principais programas a través da autoconstrución de vivendas. Capacítase nesta materia á poboación…
continuarMellorar a calidade de vida dos residentes do centro histórico de Santiago de Cuba foi o propósito deste programa, a través do que se favoreceron as condicións de habitabilidade en 78 vivendas. O Plan de Revitalización do Centro Histórico de Santiago de Cuba, apoiado polo Fondo Galego, tivo como un dos seus obxectivos elevar a calidade de vida da súa…
continuar