Este proxecto formativo tivo como obxectivo principal mellorar a saúde da poboación máis vulnerable (mulleres, infancia e adolescentes), a través da realización de cursos teórico-prácticos para persoal sanitario (médicas/os, enfermeiras/os, matronas, voluntariado no eido da saúde) e profesionais non sanitarios (mergulladoras/es, policía, bombeiras/os, exército), para mellorar a calidade de atención sanitaria. Incluíu tamén a realización de charlas de educación sexual…
continuarPara reducir a incidencia do mal de chagas, xerado polo insecto co mesmo nome que se atopa en lugares insalubres, así coma outro tipo de vulneracións de dereitos que se producen na precariedade das vivendas da poboación indíxena chorotega, o INPRHU puxo en marcha un dos seus principais programas a través da autoconstrución de vivendas. Capacítase nesta materia á poboación…
continuarMellorouse a calidade de vida de 8 comunidades rurais construíndo latrinas, fogóns, elementos para captación de auga e impartindo seminarios sobre prácticas hixiénico-sanitarias, tratamento de residuos, etc.
continuarA través deste proxecto construíuse un local como comedor, cociña e adega para ser usado na atención das e dos asistentes aos cursos de formación que teñen lugar no Centro de Capacitación POPOL-VUH.
continuarCo fin de impulsar un desenvolvemento integral, autoxestionado e sostibe, a través do proxecto formouse a mozos e mozas en xestión técnica agropecuaria.
continuarO proxecto consistiu na instalación dun muíño comunal que funciona a base de enerxía eléctrica. Nas accións previstas contempláronse a compra do muíño, a instalación eléctrica, a construción da caseta e o equipamento con mesas e bancos.
continuarCo obxecto de mellorar a calidade de vida da mocidade rural, realizáronse unha serie de programas de formación técnica e do ciclo básico de secundaria. Estas aprendizaxes foron útiles para promover o desenvolvemento integral, autoxestionado e sostible desta zona rural nicaraguana, que ten no agro o seu modo de subsistencia.
continuarO fin deste proxecto foi o de prestar atención médica á poboación, para o que se construíu e se puxo en funcionamento unha clínica docente, compatibilizando a atención coa investigación.
continuarVinte mulleres das comunidades Castillo e Castillito, no municipio de Las Sabanas, foron as beneficiarias deste proxecto, a través do que se prepararon 20 parcelas diversificadas co cultivo de fresa, mora e framboesa, para a súa comercialización, sendo elas as donas das terras. A alianza coa Universidade de Nicaragua permitiu realizar investigación nos cultivos e acadar un maior poder de…
continuarUn total de 14 familias participaron neste proxecto executado xunto coa Alcaldía de Las Sabanas, a través do que se instalaron e conectaron liñas de condución da rede principal do sistema de acueduto da área urbana de Las Sabanas, que drena por gravidade. Instaláronse as tubaxes e as conexión domiciliares, xunto con 11 cuartos de baño, para mellorar a vida…
continuar

