A través deste proxecto construíronse trinta fogóns, que se manteñen limpos e sen fume, o que reduce a prevalencia de infeccións e enfermidades entre os membros da familia. Ademais, o consumo de leña diminuíu de 21 troncos ao día a 9, o que reduce a presión sobre os recursos forestais e xera aforro económico para as familias. Así mesmo, as…
continuarO obxectivo do proxecto foi o de contribuír á plena implementación do dereito á educación mediante a promoción da educación secundaria para as comunidades de Plan Candelero e Encuentro Candelero. Os resultados acadados foron: Construción dunha infraestrutura educativa equipada para que o alumnado de Plan Candelero e Encuentro Candelero que remata a súa Educación Primaria poida continuar coa súa Educación…
continuarA igualdade de xénero era o eixo central deste proxecto, que tiña por obxectivo promover unha educación integral en sexualidade en catro centros públicos do municipio guatemalteco de Chinautla. A intervención involucraba a profesorado, alumnado, familias e institucións locais na prevención da violencia contra as mulleres e no establecemento de relacións de xénero equitativas, para o que se impartiron obradoiros…
continuarO proxecto deu seguimento á liña de Fortalecemento Comunitario do Programa “Oxlajuj Tzíkin” impulsado pola Xunta de Galicia entre os anos 2008 e 2012, en 16 comunidades do Departamento de Retalhuleu, en Guatemala. Como parte do mesmo, impulsouse a creación de varias estruturas comunitarias para liderar os procesos de desenvolvemento das súas comunidades, de modo que estas tivesen un papel…
continuarO proxecto tivo por obxecto contribuír a garantir a soberanía alimentaria das familias da conca do río Polochic en Guatemala a través do manexo de proxectos agropecuarios e a recuperación e difusión da cultura agroecolóxica.
continuarCo proxecto conseguiuse promover a participación das mulleres e da xente nova das comunidades rurais nos mecanismos formais de participación cidadá establecidos no eido municipal. Para iso formouse a 280 mulleres e mozas, así como un total de 1.529 persoas, en cuestións relativas ao fortalecemento organizativo.
continuarO desenvolvemento deste proxecto pretendeu contribuír á gobernabilidade democrática e o fortalecemento institucional no territorio en épocas de cambio xeradas polos procesos de globalización e descentralización. As persoas beneficiarias foron autoridades locais, persoal dos municipios, representantes de diversos sectores da sociedade como partidos políticos, líderes comunais, estudantes, etc. O proxecto centrouse en actividades de sensibilización e capacitación, así como en…
continuarO proxecto centrouse en incrementar os niveis de salubridade da comunidade de San Juan de Dios, a través dun sistema de recollida das augas residuais proveniente das vivendas da poboación (1.624 persoas), reducindo así un dos focos de contaminación máis frecuentes na área rural do país. Cos sumidoiros preténdese restrinxir a construción de pozos negros, que son os que existen…
continuarProxecto que se destinou á compra de silos de almacenaxe para mulleres traballadoras na cooperativa “El Nuevo Amanecer”. Estes silos serviron para saír do autoconsumo, poder almacenar os grans e posteriormente comercializalos.
continuarNo marco do programa “Novos modelos de xestión municipal democráticos”, no que participaron outros Fondos de Cooperación a nivel estatal integrados na Confederación de Fondos, a achega do Fondo Galego destinouse á construción desta infraestrutura elemental, que permitiu acadar unha mellora substancial na organización e desenvolvemento das vidas e economías de varias comunidades, fisicamente distanciadas, así como solucionar problemas relativos…
continuar





