A actuación baseouse en reactivar as áreas de cultivo na localidade de Ribeira da Prata, a fin de reducir a inseguridade alimentaria e proporcionar alternativas económicas a 24 familias, a maioría encabezadas por mulleres. Dado que, nesta zona, a seca constitúe un dos principais desafíos, instalouse un sistema de microirrigación que aproveita a auga subterránea. A reactivación da agricultura non…
continuarA achega destinouse a paliar a emerxencia xerada tras o paso do devastador ciclón Idai, concretamente apoiando a reconstrución da vila de Nhamatanda, unha das máis prexudicadas tanto polo furacán como polo brote de cólera que lle seguiu. A ANAMM identificou como prioridade a dotación de depósitos de auga, produtos para o seu tratamento, útiles de hixiene persoal e limpeza…
continuarO centro de acollida infantil 1º de Maio é unha institución pública do Municipio de Maputo, fogar de 50 menores que, na súa maioría, se viron abandonados nos hospitais da cidade, así como nos despachos de atención a mulleres vítimas de violencia de xénero. O centro presta asistencia, protección, apoio social, psicolóxico e material á rapazada, que chega nun estado…
continuarEste proxecto constituíu unha segunda fase da actuación apoiada en 2017 e culminou coa construción doutros dous pozos cos que afastar á poboación do perigo que supón a fauna salvaxe do río Zambeze. Cos catro sistemas de subministro instalados, estímase que un 80% dos algo máis de 3.000 habitantes de Mutarara Velha, no municipio de Nhamayabue, se beneficiarán do abastecemento…
continuarA finalidade do proxecto era reducir os factores de risco que poden levar á xente nova a contraer adiccións, doenzas ou embarazos precoces, empregando o deporte como ferramenta. Ofrecéronse alternativas de lecer a nenas e nenos e mais á mocidade, creando equipos de fútbol e atletismo nos que se incentivou a participación e liderado das rapazas. Ao tempo, formouse en…
continuarA axuda destinouse á provisión de alimentos para a poboación refuxiada saharauí dos campamentos de Tinduf, onde se realizou a distribución segundo criterios de necesidade e urxencia. O esgotamento das reservas de alimentos básicos, especialmente azucre e arroz, obrigara ao Programa Mundial de Alimentos a reducir nun 20% as racións mensuais destinadas á poboación xa a mediados de ano. Ao…
continuarEste proxecto facilitoulles o abastecemento de auga aos 1.824 habitantes da localidade de Carantaba, no norte de Guinea-Bissau. Para garantir o dereito humano á auga, levouse a cabo a rehabilitación dun pozo con sistema de bombeo electrosolar, a construción de dous depósitos en altura e a instalación dunha rede de distribución cuns 1.000 metros de canalizacións. Ademais, dispuxéronse catro fontes…
continuarAchegarse ao río para recoller auga constitúe unha práctica de risco para as comunidades que viven á beira do Zambeze, xa que se expoñen aos ataques de animais salvaxes, como hipopótamos e crocodilos, que están a causar mortes e graves feridas sobre todo ás mulleres, habitualmente encargadas de encher os bidóns e lavar a roupa. Así acontecía no barrio de…
continuarA axuda destinouse á reconstrución dunha unidade de atención sanitaria que foi derrubada polas intensas chuvias do outono nos campamentos de Tinduf, que agravaron as xa difíciles condicións de vida da poboación refuxiada. O torrente de auga e os refachos de vento causaron cuantiosos danos nas infraestruturas e edificios públicos, coma os dispensarios ou o propio hospital. Dajla, a wilaya…
continuarO proxecto pretendeu favorecer o desenvolvemento humano e social das comunidades dos distritos de Boane (Massaca, Mahanhane) e Namaacha (Mahelane, Changalane), contribuíndo á redución da vulnerabilidade das comunidades, a través de tres compoñentes: 1) Educación para a saúde. 2) Incremento do número de consultas prenatais, partos institucionais e consultas postparto, sensibilizando ás mulleres e familiares para que se adhiran ás…
continuar








