O proxecto encamiñouse a mellorar a xestión dos recursos sanitarios e o acceso da poboación á rede primaria. Apoiouse a rehabilitación do centro de saúde de Río das Pedras e a construción dunha nova maternidade, completando as obras para optimizar as condicións de hixiene mediante a instalación, en cada un dos dous centros, dunha incineradora, unha foxa biolóxica e mais…
continuarEstender a conexión de auga ás zonas de Cabeça Monte, Inhuco e Lagariça, no municipio de São Filipe, foi o obxectivo deste proxecto, a través da creación dunha rede principal, cunha extensión de 10.600 metros, e unha rede secundaria de preto de 3.000 metros. Deste xeito, a conexión de auga domiciliar chegou ao 42% das familias empobrecidas (127 familias) do…
continuarActuación destinada á promoción da igualdade de xénero e do empoderamento das mulleres, a través da implementación do Plan Municipal para a Igualdade e Equidade de Xénero (PMIEG). Tratábase de constituír o Gabinete de Apoio á Muller e, desde el, comezar a implementar as medidas previstas no Plan de Igualdade e Equidade de Xénero do Paúl.
continuarO programa dá continuidade ás accións xa iniciadas no ano 2007 a través da execución do proxecto “Plaidoyer para aumentar o número de mulleres nas eleccións autárquicas de 2008”. Inseriuse no esforzo de integración dunha abordaxe de xénero na planificación das políticas locais. Para o cumprimento deste obxectivo pretendeuse traballar cos equipos municipais de dous concellos do país e coas…
continuarA través deste programa mellorouse o acceso á auga das familias residentes no barrio de Ponta d’Agua, na cidade de Praia, a través da conexión domiciliaria das casas a partir da rede de abastecemento existente.
continuarO proxecto pretendeu ser unha achega para o reforzo da participación política das mulleres nas dinámicas locais en todos os concellos do país, elevando o número de candidatas nas listas das eleccións de 2008. Para conseguilo, estableceuse un plan de traballo que incluíu aos partidos políticos e organización de base.
continuarCon esta actuación realizouse unha análise do proceso de descentralización, a fin de fortalecelo a través do coñecemento dos instrumentos de xestión do marco competencial.
continuarA construción dun posto de saúde, que incluíu unha enfermería e unha maternidade cunha capacidade de dez camas, foi o cometido deste proxecto. Tamén se informou e sensibilizou á poboación local mediante unha mobilización social sobre o contido do proxecto.
continuarA través desta iniciativa dotouse á comunidade de Flamingos dunha rede domiciliaria de auga, mais tamén se mellorou o sistema de saneamento básico e hixiene, contribuíndo deste xeito á redución da pobreza na localidade.
continuar


