A achega destinouse a paliar a emerxencia xerada tras o paso do devastador ciclón Idai, concretamente apoiando a reconstrución da vila de Nhamatanda, unha das máis prexudicadas tanto polo furacán como polo brote de cólera que lle seguiu. A ANAMM identificou como prioridade a dotación de depósitos de auga, produtos para o seu tratamento, útiles de hixiene persoal e limpeza…
continuarO centro de acollida infantil 1º de Maio é unha institución pública do Municipio de Maputo, fogar de 50 menores que, na súa maioría, se viron abandonados nos hospitais da cidade, así como nos despachos de atención a mulleres vítimas de violencia de xénero. O centro presta asistencia, protección, apoio social, psicolóxico e material á rapazada, que chega nun estado…
continuarEste proxecto constituíu unha segunda fase da actuación apoiada en 2017 e culminou coa construción doutros dous pozos cos que afastar á poboación do perigo que supón a fauna salvaxe do río Zambeze. Cos catro sistemas de subministro instalados, estímase que un 80% dos algo máis de 3.000 habitantes de Mutarara Velha, no municipio de Nhamayabue, se beneficiarán do abastecemento…
continuarA finalidade do proxecto era reducir os factores de risco que poden levar á xente nova a contraer adiccións, doenzas ou embarazos precoces, empregando o deporte como ferramenta. Ofrecéronse alternativas de lecer a nenas e nenos e mais á mocidade, creando equipos de fútbol e atletismo nos que se incentivou a participación e liderado das rapazas. Ao tempo, formouse en…
continuarAchegarse ao río para recoller auga constitúe unha práctica de risco para as comunidades que viven á beira do Zambeze, xa que se expoñen aos ataques de animais salvaxes, como hipopótamos e crocodilos, que están a causar mortes e graves feridas sobre todo ás mulleres, habitualmente encargadas de encher os bidóns e lavar a roupa. Así acontecía no barrio de…
continuarO proxecto pretendeu favorecer o desenvolvemento humano e social das comunidades dos distritos de Boane (Massaca, Mahanhane) e Namaacha (Mahelane, Changalane), contribuíndo á redución da vulnerabilidade das comunidades, a través de tres compoñentes: 1) Educación para a saúde. 2) Incremento do número de consultas prenatais, partos institucionais e consultas postparto, sensibilizando ás mulleres e familiares para que se adhiran ás…
continuarMellorar os servizos de educación e sanidade na escola de Hitakula das Mahotas (Maputo) foi o obxectivo deste proxecto, a través de diversas accións orientadas á mellora do sistema de auga e saneamento da escola: limpeza, ampliacións e instalación do sistema de saneamento no centro escolar. O proxecto está integrado nun programa denominado “Mellora das condicións educativas da Escola e…
continuarContribuír á erradicación da pobreza promovendo o desenvolvemento económico local (DEL) xunto coa Dirección Nacional de Promoción de Desenvolvemento Rural (DNPDR), a través do apoio e fortalecemento do Departamento de Promoción de Desenvolvemento Rural, a Axencia de Desenvolvemento Económica Local (ADEL) da provincia de Maputo e a Rede Nacional das ADEL (REDEL) para dinamizar a economía local, crear empregos e…
continuarO proxecto encamiñouse a mellorar a xestión dos recursos sanitarios e o acceso da poboación á rede primaria. Apoiouse a rehabilitación do centro de saúde de Río das Pedras e a construción dunha nova maternidade, completando as obras para optimizar as condicións de hixiene mediante a instalación, en cada un dos dous centros, dunha incineradora, unha foxa biolóxica e mais…
continuar