IAF 145: Vacacións con Traballo en Mozambique para persoal das administracións locais

IAF 145: Vacacións con Traballo en Mozambique para persoal das administracións locais

IAF 145: Vacacións con Traballo en Mozambique para persoal das administracións locais 1600 1131 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O boletín 'Infórmate a Fondo' chega á súa edición 145 resumindo a actualidade do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nos últimos meses. O programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo, que vén de abrir unha nova convocatoria, protagoniza a portada deste número, no que tamén se resumen os encontros celebrados en Barcelona e Bruxelas ou o contido da última Asemblea Xeral, na que se deu conta das novas actividades que poderán implementar ao longo deste ano as deputacións e concellos socios.

Dándolle continuidade ás entrevistas con integrantes da Comisión Executiva do Fondo Galego, desta volta é a cenda para a concelleira de Igualdade e Diversidade da Coruña, Rocío Fraga, con quen abordamos cuestións relativas á equidade de xénero, participación veciñal ou acollemento de persoas refuxiadas. Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, as xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria e da Comisión de Cidades e Deputacións ou o encontro co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE centran as fotonovas. A publicación péchase cun avance das dúas convocatorias de proxectos que axiña fará públicas o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Unha delas, dirixida aos municipios mozambicanos e, a outra, destinada a ONGD galegas.

Descarga o boletín en PDF

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información