O IAF que dá conta das novidades da cooperación municipalista nos meses de setembro e outubro tamén recolle a resolución da convocatoria de proxectos para 2012, que establece o financiamento de iniciativas propias e de ONGD en Nicaragua, Honduras, Cuba e India. Faise eco ademais da viaxe da Secretaría Técnica a Alemaña para compartir a experiencia de cooperación en Nicaragua con municipalidades xermanas.
Repásanse asemade os resultados do encontro histórico que reuniu na illa de San Simón a 14 participantes de seis edicións de Vacacións con Traballo. Indícanse tamén os blogs das tres técnicas municipais que este ano colaboraron co Sur no marco deste programa de voluntariado internacional: Cristina Vázquez, Lucía González e Cristina Santos.
O número 128 desta folla informativa péchase coa presentación do xurado do concurso 'Imaxes con Fondo' e da nova xunta directiva da Confederación. Para rematar, dous Fondos Destacados: 'Moolaadé', un filme sobre a ablación, e a publicación 'Galicia solidaria', unha análise dos sistema galego de cooperación coordinada por Xulio Ríos e Carlos Teijo.