Logo desta necesaria reflexión o IAF da conta tanto da finalización dos proxectos de habitabilidade iniciados no ano 2011 en Nicaragua e Cabo Verde, e da actual avaliación do proxecto de post-emerxencia no Haití.
Mais tamén o IAF debulla o futuro imediato coa Asemblea xeral do 12 de setembro e a resolución de proxectos deste 2012, mais tamén o inicio da Xira do novo espectáculo da Tropa de Trapo: "Antía, Wamba e o regato pequeno".
Finalmente nos Fondos destacados, contamos coa película Sin nombre, centrada no fenómeno das maras centroamericanas, e o ensaio -Globalización, a qué precio?