A participación do Fondo Galego nunha xuntanza do proxecto europeo Redes para o Desenvolvemento en Alemaña ten tamén cabida no IAF 126, canda o Encontro 'Institucións locais e solidariedade: Cal vai ser o teu papel?', no que o BNG reafirmou o seu compromiso coa entidade.
O número de maio e xuño tamén se fai eco dos proxectos presentados polas ONGD á convocatoria de subvencións tras o Consello Municipalista da Cooperación, e mais da doazón a Acnur do importe recadado na conta de emerxencia aberta para o Corno de África.
Senllas fotonoticias ilustran asemade as xuntanzas mantidas pola presidenta do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Teresa París, nas Consellerías de Educación e Traballo e Benestar. O boletín péchase con dous Fondos Destacados: o libro 'Blanco bueno busca negro pobre' e o documental de Unicef 'Haití en construcción'.