O certame fotográfico divídese nunha categoría xuvenil e outra para adultos. Na primeira convida a reflexionar sobre a solidariedade, e na segunda proponse reflectir a repercusión das nosas prácticas sobre os países do Sur.
Canda estas novidades, o IAF 125 fai balance das últimas xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria e da Asemblea Xeral, citas nas que participaron un total de 60 Administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Lémbrase asemade a publicación da memoria de actividades de 2011 baixo o título ‘Un tempo novo’.
Como vén sendo habitual, o boletín bimensual péchase cos Fondos Destacados, un libro e unha película tirados do arquivo do Fondo Galego. Nesta ocasión seleccionáronse os títulos 'Noticias do Quelele, barrio de Bissau' e 'O noso pan de cada día'.