Unha delegación da ONGD Instituto de Promoción Humana-Somoto visitou Galicia procedente de Nicaragua para dar a coñecer os proxectos alí apoiados polo Fondo Galego de Cooperación. Os nicaraguanos tamén participaron nos Encontros ‘Institucións locais e solidariedade: Cal vai ser o teu papel?’, que o Fondo Galego celebrará cos tres principais partidos políticos de Galicia.
O primeiro foi o PSdeG, que manifestou o seu compromiso coa cooperación municipalista nunha xuntanza ao que tamén acudiron diversas ONGD. Proximamente daranse a coñecer as datas para os encontros con PPdeG e BNG.
A última edición do IAF dá conta asemade de novas actividades de sensibilización coma os Ciclos de Cine con Fondo e a convocatoria do programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo. Tamén se informa das datas para as vindeiras xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria e para a Asemblea Xeral, que terá lugar o 27 de marzo en Compostela.
Non falta tampouco unha fotonoticia da xuntanza entre o presidente da Fegamp, José Manuel Rey, e a presidenta do Fondo Galego, Teresa París. Para rematar, dous Fondo Destacados. o musucal 'Yentl' e o cómic 'Bordados'.