IAF 122: Primeiros pasos da nova Presidencia

IAF 122: Primeiros pasos da nova Presidencia

IAF 122: Primeiros pasos da nova Presidencia 653 918 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A edición 122 do IAF ábrese coa elección da nova Comisión Executiva do Fondo Galego e coa enquisa que revela un apoio maioritario da poboación galega ás políticas de cooperación, mesmo en tempos de crise.

O boletín que resume as novas máis destacadas de setembro e outubro recolle a primeira xuntanza da presidenta, Teresa París, cos responsables autonómicos de Cooperación. Dáse conta asemade do proxecto finalizado no Perú e dos que veñen de dar comezo en Nicaragua e Cabo Verde para mellorar as condicións de habitabilidade.

Non falta o balance da viaxe de supervisión á iniciativa apoiada no Haití, nin tampouco as primeiras imaxes das voluntarias e voluntarios do programa Vacacións con Traballo 2011. O IAF 122 péchase coa selección de senllos títulos tirados do BiblioFondo e do VideoFondo.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información