Dúas novas exposicións dan a coñecer os proxectos de auga e saúde impulsados na África lusófona

Dúas novas exposicións dan a coñecer os proxectos de auga e saúde impulsados na África lusófona

Dúas novas exposicións dan a coñecer os proxectos de auga e saúde impulsados na África lusófona 2560 1792 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Visibilizar os proxectos apoiados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en materia de auga e saúde é o obxectivo das dúas novas exposicións financiadas polo Concello da Coruña que percorrerán as administracións locais socias en 2026. Búscase así poñer en valor a cooperación internacional impulsada polas deputacións e concellos na África lusófona, ao tempo que se fomenta a corresponsabilidade, a empatía e a convivencia intercultural.

A mostra ‘Saúde universal. Proxectos que dan vida’ amosa o impacto das actuacións implementadas nos últimos anos arredor do ODS 3. Desde o combate á Covid-19 en Guinea-Bissau ata a pobreza menstrual en Mozambique ou a hixiene en Cabo Verde, sen esquecer a saúde materno-infantil. Aos habituais textos e fotografías súmanse as ilustracións de Sandra Lodi -Premio Castelao de banda deseñada- e mais os testemuños que nos chegan desde terreo, aos que se pode acceder a través de códigos QR.

A exposición ‘Fontes de solidariedade. Auga que flúe de Galicia a África’ céntrase no ODS 6 e recolle as intervencións que permitiron dotar de auga potable as aldeas de Guinea-Bissau, fomentar a agricultura en Cabo Verde ou previr os ataques dos crocodilos en Mozambique. Sempre tendo en conta o enfoque de xénero e a plusvalía da cooperación técnica. Cun innovador e colorido deseño, a información gráfica e textual compleméntase con debuxos elaborados polo alumnado da escola construída na illa guineana de Pecixe.

Fichas descritivas das exposicións

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información