Reforzo da capacidade de resposta á pandemia do Covid-19 na Rexión de Cacheu

Reforzo da capacidade de resposta á pandemia do Covid-19 na Rexión de Cacheu 1008 756 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A poboación da Rexión de Cacheu, a semellanza do que foi acontecendo no mundo en xeral, foi castigada polos efectos nefastos da pandemia da COVID 19, sendo a segunda Rexión Administrativa Sanitaria da Guinea-Bissau con máis casos de persoas afectadas polo COVID 19 e con gran posibilidade de maior propagación de virus, tendo en conta o índice de analfabetismo e a pobreza. O Goberno Rexional de Cacheu, en pracería coas autoridades sanitarias rexionais e outros socios, desenvolveu accións no terreo con vista á contención da propagación da pandemia do COVID 19 e a minimización dos efectos negativos desta, elixindo a sensibilización e o combate contra a fame como maior prioridade. Polo tanto, foron desenvolvidas dúas actividades principais no ámbito deste proxecto: Sensibilización da poboación sobre os perigos e os mecanismos de prevención do Covid-19, a través da identificación e formación de voluntariado a través do Centro Operacional de Emerxencia en Saúde, colocación do voluntariado formado nas comunidades e implicación das radios comunitarias nas campañas de sensibilización. Así mesmo, foron identificadas familias en situación de vulnerabilidade, adquisición, transporte e distribución de materiais de prevención e xéneros alimenticios para as persoas de maior risco. Máis de 40.000 persoas foron beneficiarias deste proxecto.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información