O programa de emerxencia tivo como fin mellorar as condicións de vida das persoas refuxiadas de Palestina que habitan o campo de Neirab, en Siria, mediante a construción de 9 vivendas e a mellora das infraestruturas circundantes: sumidoiros e recollida de residuos sólidos, alumeado eléctrico, asfaltado de rúas, etc. Rehabilitáronse espazos socioeconómicos en uso (negocios familiares) existentes nas plantas baixas das vivendas, mellorando o acceso aos comercios, tanto por partidas e dos provedores como das consumidoras e consumidores. Adicionalmente instaláronse parques infantís e áreas verdes públicas para humanizar o espazo. Todos estes traballos leváronse a cabo mediante un proceso participativo no que a propia poboación beneficiaria se organizou e colaborou nas tarefas.