O obxectivo deste programa foi o de mellorar as condicións de vida das persoas máis empobrecidas das localidades de Eito, no primeiro ano, e Lombo Comprido, no segundo, no municipio do Paúl, así como a estética do lugar, a través da creación das condicións mínimas de habitabilidade. Para isto executáronse obras de mellora do acabado das casas, a construción de baños e cociñas, e leváronse a cabo obras de drenaxe de auga e saneamento. Así mesmo, realizáronse actividades de sensibilización dirixidas á poboación sobre a conservación do medio ambiente.