Proxecto de melloría de abastecemento de auga e electrificación pública no municipio da Vila de Nhamatanda

Proxecto de melloría de abastecemento de auga e electrificación pública no municipio da Vila de Nhamatanda 821 526 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A través deste proxecto construíuse un sistema de subministro de auga consistente nun depósito de 1.000 litros, con bomba integrada a base de paneis solares e unha fonte con catro billas na que a poboación pode abastecerse. O servizo, que se xestionará de xeito comunitario, non só beneficiará ao barrio onde foi situado, senón tamén aos dous adxacentes. En especial, ás mulleres e nenas, que adoitan percorrer longas distancias cargadas cos baldes para conseguir auga potable, tan necesaria no combate contra o coronavirus e outras enfermidades presentes na zona.

A actuación impulsada polo Fondo Galego permitiu tamén restaurar e espallar a rede eléctrica a sete aldeas, de xeito que se agarda reactivar sectores como o económico ou o educativo, pois nas escolas poderá haber quendas nocturnas e favorecerase o desenvolvemento dos negocios locais.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información