Os resultados dos diagnósticos realizados entre os anos 2018 e 2019 no ámbito da elaboración dos planos locais de desenvolvemento destacan as dificultades de acceso ao servizo de saúde de calidade como un problema común a todos os Sectores da Rexión de Cacheu. Tal problema deriva, por unha banda, do déficit de cualificación profesional do persoal técnico de saúde e, doutro lado, xustifícase coa insuficiencia de materiais/equipamentos médicos necesarios para facilitar o diagnóstico e tratamento de pacientes. Por tanto, o proxecto tivo por obxecto dotar de material e equipamento sanitario ás sete principais estruturas sanitarias da Rexión de Cacheu que tratan a saúde das mulleres e nenos e nenas, incluíndo a instalación do sistema eléctrico nun deles.
