A través do proxecto, as e os habitantes da comunidade de Pessangue (1077 persoas) poden gozar agora do acceso á auga potable na súa comunidade. Para iso, foi construído un pozo, un depósito de auga de 4.000 litros e a canalización a dous puntos da comunidade para que as persoas poidan acceder á auga en puntos comúns. Asemade, a poboación foi sensibilizada para evitar a extracción de auga en pozos non seguros e tamén para formala para integrar o Comité de Xestión do pozo.
