Promoción dos dereitos da infancia no medio rural dos distritos de Boane e Namaacha

Promoción dos dereitos da infancia no medio rural dos distritos de Boane e Namaacha 1280 960 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Esta intervención trata de contribuír ao exercicio dos dereitos básicos de educación e saúde de nenos e nenas menores de 6 anos de idade así coma mulleres nas comunidades de Massaca, Mahanhane, Mahelane e Changalane, unha área rural no sur de Mozambique onde a agricultura de subsistencia constitúe a principal actividade das familias. Ao longo destes anos, a Fundação Encontro  foi construíndo un centro infantil en cada unha das comunidades para contribuír á integración educativa e social dos meniños e meniñas das mesmas e, indirectamente, apoiar as súas familias. Estes centros ofrecen asistencia educativa e apoio alimentario, así como atención sanitaria. 

A través deste proxecto ofreceuse  apoio para o funcionamento destes centros infantís e para mellorar os servizos da Unidade Sanitaria, construíndo un espazo autónomo para a prestación de servizos de saúde materno infantil.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información