Contribuír á erradicación da pobreza promovendo o desenvolvemento económico local (DEL) xunto coa Dirección Nacional de Promoción de Desenvolvemento Rural (DNPDR), a través do apoio e fortalecemento do Departamento de Promoción de Desenvolvemento Rural, a Axencia de Desenvolvemento Económica Local (ADEL) da provincia de Maputo e a Rede Nacional das ADEL (REDEL) para dinamizar a economía local, crear empregos e xerar ingresos entre a poboación. Fortaleceuse asemade a xestión municipal e o asociacionismo, a través dunha incubadora de negocios e talleres de capacitación e información de novas esixencias do mercado da competencia e comercio xusto, intercambio con outras iniciativas e transferencia tecnolóxica.