As cidades de Santiago de Compostela e Santiago de Cuba, irmandadas dende 1992, levaron a cabo a través desta iniciativa un intercambio de experiencias en materia de conservación e valorización do patrimonio cultural. O proxecto encamiñouse á elaboración do Plan Maestro da cidade de Santiago de Cuba, para o que se transferiron os recursos necesarios e asistencia técnica. A actuación desenvolveuse en tres fases: 1) diagnóstico urbanístico da cidade, 2) avance sobre os obxectivos, criterios e solucións a través da elaboración dun documento que presente as condicións xerais de inserción do Plan nas políticas urbanas da cidade, e 3) redacción do Plan Maestro.