O proxecto Nadafa busca mellorar a xestión dos residuos na wilaya de Bojador e 2023 foi o seu segundo ano de implementación. Co fin de incidir na limpeza e salubridade da wilaya, contratouse a dez operarias e operarios para incrementar a frecuencia e eficacia na recollida dos residuos. Ao mesmo tempo, intensificáronse as actividades de sensibilización dirixidas á poboación, incluíndo os 3.382 nenos e nenas das escolas, para o que se contou coa colaboración das organizacións xuvenís do campamento. Ademais, apoiouse á emisora de radio local para incrementar as mensaxes a prol da protección medioambiental e o coidado da contorna.
