O proxecto Nadafa actuou en dúas vertentes. Por unha banda, mellorouse a xestión dos residuos na Wilaya (equivalente a unha provincia) de Bojador, para o que se construíron un total de 12 pequenos recintos (1 por barrio) onde os habitantes de cada barrio poden depositar as bolsas de lixo. Así mesmo, contratáronse a 20 operarias e operarios para aumentar a frecuencia e eficacia da recollida do lixo, dous condutores e 12 monitoras de sensibilización.
Por outra banda, intensificáronse as actividades de sensibilización dirixidas á poboación, incluíndo aos 3.382 nenos e nenas das escolas, para o que se contou coa colaboración dos colectivos xuvenís. Ao mesmo tempo, apoiouse á emisora de radio para reforzar os contidos ambientais e as mensaxes a favor do coidado da contorna.
