Módulo para a emancipación social e participación política das mulleres, dentro do programa para o empoderamento das mulleres

Módulo para a emancipación social e participación política das mulleres, dentro do programa para o empoderamento das mulleres 1198 795 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Este módulo, que complementa ao resto de intervencións do programa de empoderamento feminino, tiña como finalidade contribuír ao aumento da participación social e política das mulleres na cidade india de Tiruchy, no estado de Támil Nadu. O proxecto levouse a cabo en 15 suburbios desta cidade.

A través da metodoloxía que emprega Implicadas no Desenvolvemento nos seus proxectos, os grupos de axuda mutua (tamén chamados grupos de aforro), traballouse a autoestima das 1.500 mulleres integrantes dos mesmos, ademais de ser unha ferramenta indiscutible para a acadar o seu empoderamento económico e social. Outras actividades complementarias incidiron na redución das barreiras da participación social e política das mulleres, promovendo un entorno de maior equidade de xénero, e no incremento da información e formación das mulleres sobre o marco político.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información