Melloradas as condicións de habitabilidade e salubridade de familias chorotegas de Totogalpa

Melloradas as condicións de habitabilidade e salubridade de familias chorotegas de Totogalpa 1024 768 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O dereito á vivenda en Nicaragua está fortemente relacionado co dereito á saúde (especialmente para mitigar o mal de chagas) e o dereito á alimentación. Por tanto, o programa tivo como obxectivo a autoconstrución de 11 vivendas na microrrexión de Santo Domingo, en San José de Palmira-Quebrada Grande, no primeiro ano, e de 12 no segundo. Para iso, o INPRHU mercou os terreos e distribuíunos entre mulleres sen terra, para así mellorar a calidade de vida de 23 familias a través do acceso a unha vivenda en condicións mínimas e suficientes de habitabilidade. A intervención comprendeu dous aspectos básicos: a autoconstrución de 23 vivendas e mais a capacitación da poboación beneficiaria nesta materia, en agricultura orgánica e en sanidade ambiental.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información