O proxecto, que se fundamentou na sensibilización da poboación sobre o coidado ambiental, na adquisición de contedores e papeleiras e de uniformes e equipamento para a recollida do lixo, redundou nun positivo impacto ambiental, ao tempo que incrementou a calidade de vida da poboación. O municipio caboverdiano contaba previamente cun sistema de recollida de lixo constituído só por 200 contedores, con dous camións propios e equipados con compactadores e un tractor, o que lle permitía recoller os residuos depositados nos escasos contedores para ser depositados no vertedoiro municipal.