Mellora das condicións sanitarias na provincia Inhambane

Mellora das condicións sanitarias na provincia Inhambane 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto encamiñouse a mellorar a xestión dos recursos sanitarios e o acceso da poboación á rede primaria. Apoiouse a rehabilitación do centro de saúde de Río das Pedras e a construción dunha nova maternidade, completando as obras para optimizar as condicións de hixiene mediante a instalación, en cada un dos dous centros, dunha incineradora, unha foxa biolóxica e mais un peche perimetral. Tamén se realizou un diagnóstico das infraestruturas sanitarias da provincia a través de visitas a 116 unidades. A base de datos elaborada e o documento final destináronse á definición dun novo plan de investimento que permitiu priorizar as actuacións máis inmediatas. Asemade, o persoal técnico da Dirección Provincial de Saúde (DPS) recibiu formación no eido informático. Redactáronse tamén os proxectos para rehabilitar tres vivendas para a DPS e achegouse asesoramento técnico na visita a diferentes centros que se atopaban en obras, coma o hospital de Vilankulos.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información