Para reducir a incidencia do mal de chagas, xerado polo insecto co mesmo nome que se atopa en lugares insalubres, así coma outro tipo de vulneracións de dereitos que se producen na precariedade das vivendas da poboación indíxena chorotega, o INPRHU puxo en marcha un dos seus principais programas a través da autoconstrución de vivendas. Capacítase nesta materia á poboación beneficiaria, que tamén recibe unha formación básica en autocoidado e hixiene, o que permite a recesión dalgunhas enfermidades.