O proxecto contribuíu a frear a destrución dos recursos naturais, que agrava a situación de pobreza da poboación, favorecendo dinámicas de tratamento sostible do bosque e protección do medio ambiente, con aproveitamento económico, especialmente as mulleres. Realizáronse talleres formativos en uso e conservación do bosque, implantación de sistemas agroforestais, resolución de conflitos socio ambientais, rehabilitación de plantacións de cacao, prospeccións para o establecemento dunha microempresa de cacao, mellora da produción e comercialización do cacao, cultivos de arroz e plátano, cría de aves de curral e contabilidade básica, aplicando o enfoque de xénero.