O obxectivo deste proxecto foi o de mellorar as condicións sanitarias da comunidade de Tepalón coa construción de 30 latrinas. Este proxecto educativo-sanitario formou parte dun máis amplo que incluíu na primeira fase a condución da auga potable ás vivendas, comedores escolares e aulas de preescolar.