Fortalecer á comunidade de Ambulco Grande foi o obxectivo deste proxecto, a través do que se adquiriron 20 femias e 2 machos da raza ovina “corriedale”, co propósito de crear microproxectos con fondos rotatorios para mellorar a calidade de vida da poboación partindo da produción agropecuaria. Así mesmo, construíuse un curral con tres compartimentos, melloráronse os pastos e equipouse o botiquín veterinario. Tamén se mercaron 2 teares semi-industriais e se realizaron capacitacións a promotoras e promotores campesiños para garantir a sustentabilidade do proxecto.