O presente proxecto provén dunha primeira fase de execución financiada pola AECID no ano 2010. O proxecto foi parte dunha estratexia integral de desenvolvemento turístico rural comunitario, que buscaba a redistribución do turismo nacional e internacional cara os municipios do interior de Nicaragua, onde se concentran as grandes bolsas de pobreza. Na primeira fase de execución enfatizouse na formación técnica e produtiva das actividades microempresariais, brindando capacitación e acompañamento técnico, material e financieiro a 235 microempresas de panadería, gastronomía e artesanía, así como a grupos musicais e de danza tradicionais. Nesta segunda fase tratouse de ampliar e fortalecer a oferta turística nos municipios de Totogalpa e Somoto facendo incidencia na capacitación en turismo rural sustentable, así como a construción e adquisición de mobiliario para un ecoalbergue.