Actuación destinada á promoción da igualdade de xénero e do empoderamento das mulleres, a través da implementación do Plan Municipal para a Igualdade e Equidade de Xénero (PMIEG). Tratábase de constituír o Gabinete de Apoio á Muller e, desde el, comezar a implementar as medidas previstas no Plan de Igualdade e Equidade de Xénero do Paúl.