O proxecto buscou contribuír á innovación, desenvolvemento e sustentabilidade social e ambiental do sector pesqueiro na Reserva Natural Padre Ramos e Aserradores, situada no Departamento de Chinandega (Nicaragua). Para iso, traballouse con 9 cooperativas de pescadores/as (68 homes e 48 mulleres) que se dedican ao cultivo de pargo lunarejo en gaiolas flotantes. Este modelo acuícola artesanal permite aos pescadores e pescadoras a crianza de pargo en cautividade pero no seu medio natural, xa que as gaiolas (elaboradas con trasmallo e cunha estrutura flotante de 5 x 5 metros) ubícanse nas zonas do esteiro onde esta especie chega normalmente a desovar. Con esta tecnoloxía conséguese reducir a sobre-explotación dos recursos mariño costeiros por parte dos pescadores/as, que habitúan a utilizar artes de pesca nocivos como son os explosivos e redes de arrastre.
