Fortalecemento do desenvolvemento local para da unha resposta sostible e solidaria tras o terremoto de Haití

Fortalecemento do desenvolvemento local para da unha resposta sostible e solidaria tras o terremoto de Haití 2560 1920 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto de apoio ao desenvolvemento local, iniciado en novembro de 2010, actuou en varias frontes co fin de contribuír ao fortalecemento de capacidades para mellorar as condicións de vida da poboación de tres municipios fronteirizos da rexión de Valliéres na xestión de riscos e desastres en harmonía coa natureza e o respecto ao medio ambiente. Deuse apoio ás institucións e ás organizacións sociais para fortalecer a súa capacidade de desenvolver plans de acción que disiparan a vulnerabilidade, aplicando políticas para un bo uso e ocupación do solo. Para conseguilo, leváronse a cabo as seguintes accións ao longo do ano 2011: impulso dun programa intermunicipal de concertación de políticas públicas en ordenación do territorio, sustentabilidade ambiental, crecemento económico e prevención de riscos; adaptación dos plans de estudos do Centro de Formación Profesional de Carice, de modo que as novas promocións estean preparadas na construción de edificacións resistentes a terremotos e furacáns e na reacción perante catástrofes; construción dun centro intermunicipal; impartición dun obradoiro sobre economía social e fortalecemento das capacidades dos produtores coa plantación de bambú, a transformación da arxila ou a reciclaxe de materiais para a construción.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información