O centro de acollida infantil 1º de Maio é unha institución pública do Municipio de Maputo, fogar de 50 menores que, na súa maioría, se viron abandonados nos hospitais da cidade, así como nos despachos de atención a mulleres vítimas de violencia de xénero. O centro presta asistencia, protección, apoio social, psicolóxico e material á rapazada, que chega nun estado de precariedade clamoroso. A axuda de emerxencia posibilitou a mellora das condicións de vida nas instalacións, a través da dotación dunha lavadora semi-industrial que lle permitirá á traballadora do centro destinar o tempo investido en lavar a man a atender ás nenas e nenos. Tamén se mercaron cadeiras de rodas, medicamentos e deterxente. Ademais, reparouse o tellado do alpendre para evitar que entre a chuvia, facilitando así o secado da roupa.