Este proxecto xurdiu como unha nova fase do programa ‘Redución da vulnerabilidade en áreas empobrecidas, a través do acceso á auga potable, o saneamento e a xestión sostible dos recursos hídricos e do territorio con enfoque de cunca hidrográfica en El Salvador, Honduras e Nicaragua’, financiado principalmente pola Aecid e a Xunta de Galicia desde o ano 2009 ata o 2012. Neste caso, o presente proxecto pretendeu traballar no fortalecemento de capacidades das institucións municipais na xestión de recursos hídricos. O proxecto inseriuse dentro dun programa máis amplo, deseñado de xeito modular para garantir que as actuacións non quedasen inconclusas ou que foran incoherentes no caso de sufrir unha paréntese nas fontes de financiamento.