Contribuír ao fortalecemento do desenvolvemento sostible de dúas áreas protexidas do Golfo de Fonseca (Nicaragua) foi o propósito deste proxecto. Os grupos destinatarios da intervención eran os dous Comités de Manexo Colaborativo das dúas áreas protexidas, que estiveron conformados polos actores locais, os dous gobernos locais e os lideres e lideresas das comunidades situadas nas dúas áreas protexidas. Contouse coa implicación das municipalidades e centráronse os esforzos nas actividades formativas e de sensibilización, para garantir o respecto polo medio natural e unha adecuada xestión do mesmo.