No traballo desenvolvido a través deste proxecto foi fortalecida a alcaldía de Marcovia, en Honduras. Para iso, as accións centráronse en dous piares: o levantamento da información técnica e socioeconómica necesaria para a elaboración do Plan de Xestión Integral do Recurso Hídrico (tamén coñecido como Plan Director) da comunidade de Monjarás, e transversalmente, a realización dunha serie de capacitacións e asistencias técnicas relativas as ferramentas empregadas para a elaboración do Plan, que serviron para mellorar o aproveitamento dos recursos informáticos por parte da alcaldía e aumentar a calidade do seu traballo diario.