Mellorar o abastecemento de auga entre a poboación da localidade de Baleia, no municipio de Brava, a través da extensión da rede e ligazón domiciliaria da auga, foi a meta deste proxecto. Así mesmo, as obras complementáronse con actividades de horticultura, agricultura e fruticultura, tarefas tradicionais nesta localidade pero que se ven afectadas pola carestía da auga.